Parade o mundo que eu baixo

Unha reflexión sobre as consecuencias da sobreestimulación na infancia e algunhas preguntas máis! Somos nais e pais ou “animadores de tempo de lecer”? Por que @s nos@s nen@s queren todo xa? De onde nace o desexo de aprender? Precisa un nen@ normal unha estimulación extra? Algunhas respostas a preguntas que sobrevoan constantemente as nosas mentes…

Celos e Problemas de Conduta

Definición, factores condicionantes e principais técnicas de intervención. Violeta Cruz é Directora do gabinete de psicoloxía Violeta Cruz- Psicoloxía Infantil. Especialista en atención temperá. Profesora colaboradora da Universidade de Santiago de Compostela. Contaremos con servizo de ludoteca gratuito para os máis pequenos.

ACOSO ESCOLAR. PREVENCIÓN DENDE A FAMILIA

Falaremos sobre o acoso escolar, as súas características, falsas crenzas, ciberbullying,… Características das victimas, do acosador e do espectador. Falaremos de prevención e tamén de protocolos de actuación ante un caso de acoso escolar. Chus Ferreiro Ramos é Licenciada en psicoloxía. Experta Universitaria en Maltrato Infantil: Aspectos clínicos, prevención e tratamento. Vocal na Asociación AMINO.…

Primeiros Auxilios para Nen@s

Taller teórico-práctico de 2 h. de duración. Primeira parte teórica centrada nos primeiros auxilios seguida dunha parte teórico-práctica con dous bonecos*. Fernando Souto é Médico de urxencias no 061 e coordinador docente do grupo de urxencias de Agamfec. *Limitada a 20 participantes por rigurosa orde de inscrición. Contaremos con servizo de ludoteca gratuito para os…