Benvidas e benvidos ao páxina web da ANPA do colexio La Salle Santiago.

Somos un grupo de nais e pais que, de maneira voluntaria e comprometida, traballamos día a día, en colaboración coa administración e docentes, para conseguir unha mellor calidade educativa para os nosos fillos e fillas ( que son os/as destinatarios/as dos nosos esforzos coma familias). 

A ANPA é unha das ferramentas máis eficaces para facer real a capacidade de interacción das familias na calidade escolar. Só dende a colaboración e o entendemento, lograremos acadar, unha comunidade educativa sana, proactiva, inclusiva, adaptada ás diferentes necesidades e preparada para facer frente a diferentes retos.

A ANPA está formada por todas as familias asociadas, e dentro dela existe unha Xunta Directiva composta por nais e pais que colaboramos de forma desinteresada, representando ás familias e servindo de ponte entre o colexio e o resto da comunidade educativa.

Cartel Banco de Uniformes Colexio

Desde a ANPA:

  • Impulsamos iniciativas e actividades.
  • Recollemos e trasladamos á dirección as vosas propostas, preocupacións ou inquedanzas.
  • Mantemos unha comunicación constante coas persoas responsables das actividades extraescolares e do comedor.
  • Organizamos festas e eventos que fomentan a convivencia.
  • Detectamos e estudamos necesidades nas infraestruturas, materiais ou tecnoloxías.
  • Promovemos actividades que reforzan o sentimento de pertenza a unha comunidade educativa aberta, familiar e diversa.
  • Colaboramos economicamente en saídas, actividades complementarias, concursos, campañas solidarias, etc.
  • Poñemos en marcha obradoiros tanto para as familias como para compartir coas nosas crianzas.
  • Xestionamos o banco de uniformes.

A colaboración entre docentes e familias debe ser potenciada por, necesaria e productiva, por isto, cremos que a vosa implicación é fundamental para seguir medrando e mellorando. Toda achega, por pequena que pareza, conta: ideas, tempo, mans, ilusión… Queremos escoitarvos, sumar esforzos e construír xuntas e xuntos unha ANPA activa, participativa e chea de vida.

Animádevos a formar parte!