O Colexio ten a obrigación de manter o servizo de comedor limitando a capacidade suficiente para ter ao
alumnado separado por 1,5 metros de distancia sentados en oblicuo e sempre que non estean
encarados (non aplicable para o alumnado que formen un grupo burbulla que poderán estar xuntos). Comerán todos os días no mesmo sitio.
Comeza o 14 de setembro.
Non se admiten usuarios/as por días soltos.
Non se permite o uso de cepillos de dentes.
O comedor terá un aforo máximo de 130 comensais ao tempo polo que se establecerán 3 quendas:
1ª quenda ás 13:00 horas (Infantil), 2ª quenda ás 14:00 horas (primaria). 3ª quenda ás 14:45 horas (ESO
e, de ser preciso polo incremento de inscricións 6º da Primaria).
O alumnado agardará nas aulas cos monitores/as para baixar á hora correspondente por orde ao comedor.
Recollida alumnado da Infantil: unha persoa de cada familia poderá ir a recoller ao seu fillo/a á porta de 4/5 anos ata as 15:30 horas (hora límite).
Recollida alumnado da Primaria: unha persoa de cada familia poderá ir a recoller ao seu fillo/a a partir na súa zona do patio, ou ben na clase en caso de choiva (neste caso comunícase á persoa que estea na entrada para que vaian buscar ao das 14:45 e ata as 15:30 horas para o alumnado de 1.o a 6.o da Primaria neno/a). A partir das 15:30 recolleranse os alumnos de 1º e 2º na ludoteca e os de 3º a 6º na biblioteca ou patio exterior.
Inscricións antes do xoves 10 de setembro indicando nome completo, curso e días da semana que o
usará no mail andrea.castro@lasallesantiago.gal