HORARIOS
10:45 h. ENCONTRO NO PATIO DO COLEXIO.
Os coches no aparcadoiro do Colexio con entrada por Santa Clara. Non no patio.
11.00 h. INICIO DE “SANTIAGO CONTADO”. ROTEIRO E XOGOS DE CIDADE EN FAMILIA.
Un percorrido polas rúas de Santiago, por algúns deses espazos que dramaturgos, novelistas e contadores de contos levaron ata a súas obras e para sempre quedarán nos libros e que nós descubriremos en familia. No camino faremos probas de todo tipo e para todas as idades mentres redescubrimos as rúas e as verbas de Compostela. Os equipos estarán formados por adultos, rapazas e rapaces con ganas de compartir, aprender e pasalo ben.
A gran contadora de historias SOLEDAD FELLOZA actuará para nós á metade de camiño e co seu talento e inxenio, a actriz e autora nos achegaranos historias e contos da nosa cidade.
14:00 h. OFRENDA. PHOTOCALL. Patio de La Salle.
SESIÓN VERMUT con DJ Gramola.
14:30 h. XANTAR.
Polbo, churrasco, entrantes, sobremesas, bebibas e café.
A Anpa financia o xantar d@s alumn@s e parte do xantar dos adultos.
16:00 h. Toda a tarde actividades para maiores e pequen@s:
• INCHABLES
• OBRADOIRO de customización de roupa usada: Trae a túa prenda ou prendas de roupa (camiseta, gorra, bufanda, pantalón, falda…), o que queiras customizar.
• XOGOS EN FAMILIA
• MERENDA: Carrito de xeados XEARTE BRIGITTE + Mesa doce de ENDÚLZATE A VIDA.
• FESTA DA ESCUMA. Se non chove… e lembrade traer roupa de reposto, chanclas e toalla.
PREZO XANTAR
Adultos 25€ / Alumnos: De balde / Menores (Non alumnos) 15€.
INSCRICIÓNS
Accede ao formulario desde este link.
CON QUEN QUEREDES XANTAR?.
Nenas e nenos terán unhas mesas habilitadas para que poidan xantar xunt@s. Opcionalmente se queredes vincular a vosa reserva á doutros grupos para xantar xunt@s indicade en todas as reservas o nome do grupo.
Para máis información: informacion@anpalasallesantiago.es