O Colexio e a ANPA La Salle Santiago convocan a artistas non-profesionais a participar na XXXVII CERTAME DE ARTES que se celebrará con motivo das festas colexiais a partir do día 25 de abril de 2024
CATEGORÍAS
Poderá participar calquera integrante da comunidade educativa La Salle, establecéndose as seguintes catro categorías: Infantil I Primaria I Secundaria I Bacharelato + Adultos.
OBRAS
As obras poderán ser de calquera disciplina: pintura, gravado, fotografía, ilustración… e deberán ser entregadas antes das 18 horas do martes 23 de abril de 2024, no caso dos alumnos de infantil e primaria na súa clase e no caso dos alumnos de ESO e Bacharelato na recepción do Colexio ou ao profesor Xabier Limia.
As obras que se presenten levarán un soporte ríxido (lenzo ou madeira) co seu enganche para poder ser colgadas (sen precisar marco) e levarán pola parte posterior a súa identificación nun papel branco pegado: nome e apelidos, categoría, clase con letra, idade e título do cadro. Cada artista poderá presentar unha obra.
PREMIOS
O xurado designado pola organización otorgará tres premios por cada categoría excepto primaria no que serán seis.
DATAS
Coas obras admitidas a concurso, a XXXVII Exposición de Artes Plásticas estará aberta a partir do día 25 de abril durante as festas colexiais.