Como peche ás xornadas de orientación profesional e feira de universidades organizadas pola ANPA e o colexio, e orientado a pais e nais de fill@s en bacherelato e última etapa da ESO, José Manuel Castro Pérez realizará, dende unha perspectiva práctica e coñecedora da actual realidade empresarial e laboral, unha análise do futuro laboral ao que se enfronta a nosa xuventude con aspectos tan relevantes coma a ampla oferta de titulacións e de profesións, o efecto da crise económica no emprego, a influencia do nivel de estudos na empregabilidade ou a demanada do mercado.
Imparte
José Manuel Castro Pérez
Enxeñeiro industrial pola USC, consultor, docente, autor do libro “La innovación empieza aquí”
(https://innovacioncomienzaaqui.com/) e responsable de vixiancia competitiva no IGAPE.
Data e hora
MÉRCORES 8 de febreiro de 2017, ás 19:00 horas. Sala Audiovisuais