O Colexio e a ANPA La Salle Santiago convocan a artistas non-profesionais a participar na XXXVI EXPOSICIÓN & XXXI CERTAME DE ARTES que se celebrarán con motivo das festas colexiais a partir do día 27 de abril de 2023.
CATEGORÍAS
Poderá participar calquera integrante da comunidade educativa La Salle, establecéndose as seguintes catro categorías: Infantil I Primaria I Secundaria I Bacharelato + Adultos.
OBRAS
As obras poderán ser de calquera disciplina: pintura, gravado, fotografía, ilustración… e deberán ser entregadas antes das 18 horas do martes 25 de abril de 2023, no caso dos alumnos de infantil e primaria na súa clase e no caso dos alumnos de ESO e Bacharelato a recepción do Colexio ou ao profesor Xabier Limia.
As obras que se presenten levarán un soporte ríxido (lenzo ou madera) co seu enganche para poder ser colgadas (sen precisar marco) e levarán pola parte posterior a súa identificación nun papel branco pegado: nome e apelidos, clase con letra, idade e título do cadro. Cada artista poderá presentar ata dúas obras.
PREMIOS
O xurado designado pola organización otorgará tres premios por cada categoría excepto primaria que serán seis.
DATAS
Coas obras admitidas a concurso, a XXXVI Exposición de Artes Plásticas estará aberta a partir do día 27 de abril durante as festas colexiais.