HORARIOS
10:45 h. ENCONTRO NO PATIO DO COLEXIO.
Os coches no aparcadoiro do Colexio con entrada por Santa Clara. Non no patio.
11.00 h. INICIO DE “COMPOSTELA AO NATURAL ”. ROTEIRO E XOGOS DE CIDADE EN FAMILIA.
Propóñemosvos unha ruta por algúns dos máis especiais parques e xardíns de Santiago, onde temos máis de 2 millóns de metros cadrados de zonas verdes para afastarnos do bulicio diario da cidade. Espérannos árbores centenarias, animais, hortas, recunchos ocultos e unha chea de sorpresas e xogos en familia ao aire libre cargados de sorpresas e aventuras.
E todo iso farémolo en equipos diversos formados por xente cativa ou maior, amizades, da familia ou de fora… cunha única condición: ter ganas de compartir unha mañá divertida descubrindo unha “Compostela ao Natural”.
13:45 h. MÚSICA EN BONAVAL.
Fin do roteiro cunha sorpresa musical aos pés do Parque de Bonaval (ou nos soprtales do CGAC se o día vén pasado por auga).
14:15 h. SESIÓN VERMÚ. Con DJ Gramola.
14:40 h. XANTAR. Polbo, churrasco, entrantes, sobremesas, bebibas e café.
A Anpa financia o xantar d@s alumn@s.
16:00 h. Toda a tarde actividades para maiores e pequen@s:
• INCHABLES
• OBRADOIROS
• PHOTOCALL
• MERENDA: Carrito de xeados XEARTE BRIGITTE + Mesa doce de ENDÚLZATE A VIDA.
• FESTA DA ESCUMA. Se non chove… e lembrade traer roupa de reposto, chanclas e toalla.
PREZO XANTAR Adultos 33€ / Alumnos: de balde (subvencionados pola ANPA)/ Menores non alumnos: 18€.
INSCRICIÓNS
Accede ao formulario desde este link.
CON QUEN QUEREDES XANTAR?.
Nenas e nenos terán unhas mesas habilitadas para que poidan xantar xunt@s. Opcionalmente se queredes vincular a vosa reserva á doutros grupos para xantar xunt@s indicade en todas as reservas o nome do grupo.
Para máis información: informacion@anpalasallesantiago.es