Da alimentación á nutrición, ese é o reto deste taller teórico-práctico que impartirá Estefanía Zardoya (Médico de familia e coach individual e de equipos) o próximo mércores 28 de febreiro de 15:45 a 18 horas, cos seguintes obxectivos:
- Tomar consciencia sobre como é o proceso da nutrición: do pensamento ó hábito.
- Reflexionar sobre a avalancha de coñecemento en nutrición
- Dar información sobre conceptos básicos: Macro e micronutrientes. Transxénicos. Lácteos.
- Proporcionar outra mirada en educación sanitaria: da educación en autoridades ó automanexo, favorecendo o espíritu científico e poñendo en valor o que xa sabemos.
CONTIDOS
- Recomendacións de guías e sociedades científicas. A fame e os seus tipos. Macro e micronutrientes
- Psiconeuroinmunoendocrinoloxía: a nutrición e as emocións. Microbiota intestinal.
- Cáncro e enfermedades crónicas non transmisibles: papel da nutrición.