QUE É A RISOTERAPIA?
É unha técnica curativa que a través da risa consegue xerar estados de ánimo que inflúen positivamente no noso corpo e mente. Combina o exercicio físico co mental. O sentido do humor é unha postura ante a vida, unha actitude, unha disposición interior que nos axuda a superar os problemas e os erros.
Moitas persoas ás que por circunstancias persoais non lles gusta rir a carcajadas e outras cústalles atopar a ocasión, para todas elas é posible realizar unha terapia para provocar a risa.
UNHA SESIÓN DE RISOTERAPIA É…
• Espazo de gran diversión, e risas.
• Espazo para xogar, para compartir e aumentar a túa alegría
• Proporciona beneficios psicofísicos e sociais.
• A través de actividades lúdico-experienciais “imos sacar o neno” que todos levamos dentro.
• Cada sesión de aproximadamente 1 hora e media.
A través de bailes, dinámicas, exercicios e xogos, moitos deles absurdos, excéntricos e desconcertantes, provocaremos risas, descubriremos o noso perfil humorístico e melloraremos o noso sentido do humor.
Tamén se ensinarán trucos eficaces que nos permitan incorporar a risa e a alegría ao noso día a día, incluso en situacións difíciles.