A ANPA do Colexio La Salle en colaboración con Moniria organiza un curso de Manualidades de Nadal en tres datas. Os días 11, 12 e 13 de decembro*. Horario de 17:15 a 18:45 h.
*Máximo 20 nenas/os por día.
Realizaremos pequenos adornos que poderedes colgar na árbore como: anxos de papel, estrelas e bolas de pasta de modelado, estrelas e rosetas de papel, simpáticos gnomos de la,… Decoraremos as postais de Nadal e a bolsa onde levaredes todo o creado no curso. Elaboraremos árbores de Nadal con diferentes materiais: tea, corda, fío, papel…
Material necesario para a actividade. Levaremos de casa o seguinte material:
- pegamento de barra
- bolígrafo gastado
- 1 tesoira
- 1 regra pequena