Ignorar que as Redes Sociais forman parte da vida dos nosos fillos sería poñer unha venda nos ollos á nosa realidade social. As redes sociais son unha potente ferramenta pero, ao mesmo tempo, un grande perigo para os menores de idade; é por iso que nós, como pais, debemos coñecer polo miúdo estas plataformas, de que xeito controlamos e principalmente como educar no seu uso responsable, dando a coñecer o alcance e riscos aos que se enfrontan… porque o mundo online é xa un aspecto básico a afrontar nas nosas casas.
Fernando Rodríguez de la Torre, responsable da empresa Con C de comunicación, é experto en comunicación e redes sociais.