
Desde a ANPA queremos convidar ás familias a participar nun obradoiro de risoterapia, unha actividade pensada para compartir un tempo agradable, divertido e cheo de boas emocións.
Serán dúas sesións, os días 11 e 25 de marzo.
A risoterapia utiliza xogos, dinámicas e exercicios para provocar a risa e favorecer estados de ánimo positivos que benefician tanto o corpo como a mente. A través destas actividades crearemos un espazo para desconectar da rutina, liberar tensións e redescubrir o valor do humor e da alegría no día a día.
Será tamén unha oportunidade para compartir un momento especial en familia, rir xuntos e coñecer outras familias da comunidade educativa nun ambiente relaxado e participativo.
👨👩👧 Actividade dirixida a adultos e ás súas respectivas crianzas a partir de 1º de primaria.
🎭 Imparte: Imaxina
📅 Datas: mércores 11 e 25 de marzo
⏰ Horario: de 17:15 a 18:45
📍 Aula: audiovisuais
As persoas participantes poden asistir ás dúas sesións.
👉 Recoméndase vir con roupa cómoda.
⚠️ As prazas son limitadas.
✏️ É necesario cubrir unha inscrición por cada participante (adultos e crianzas)
ℹ️ Información e inscricións no formulario que atoparedes en:
👉 www.anpalasallesantiago.gal/inscricions-talleres/
Animámosvos a participar e a aproveitar esta oportunidade para rir, compartir e pasalo ben en comunidade.





