CAIXA SOLIDARIA 2019
Para que tamén este Nadal chegue un sorriso á casa de todos os nenos e todas as nenas, propoñémosvos enviarlles unha Caixa chea de tesouros, solidariedade e ledicia:
- ESCOLLE UNHA CAIXA Unha caixa de zapatos ou similar de calquera medida e fórraa ou píntaa. Que quede ben bonita!
- ENCHE A TÚA CAIXA!! Con pequenos tesouros: bonecas, peluches, xogos, coches, contos, libros, artigos de escritorio, bufandas…. todo o que se che ocorra e que lle poida sorprender ó teu amigo, á túa amiga invisible. Lembra meter artigos novos ou en moi bo estado, como os que ti quixeras recibir e evita xoguetes bélicos ou perigosos.
- PECHA A TÚA CAIXA CUNHA GOMA!! Só unha goma elástica pechará a caixa. Pregámosvos non pechala con lazos porque todas as caixas son revisadas antes de ser entregadas.
- ENTREGA A CAIXA NO COLEXIO
Deixádeas nas clases ou na mesa do patio cuberto do 9 ao 20 de decembro de 2019. Despois entregarémosllas á Fundación Seur e á Asociación Carabelo para que as repartan e as cambien por sorrisos.
CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS
Achégase o Nadal, tempo de tomar postura e de contemplar a realidade que nos rodea e, por que non, de facer algo para mellorala tendendo a man a tantas persoas privadas dos dereitos básicos recollidos no artigo 25 da declaración universal de dereitos humanos.
O colexio traballará a sensibilización do alumnado e entre todos e todas faremos unha recollida de productos básicos para repartir na nosa contorna. ESO e bacharelato axudarán nos recreos e polas tardes na recollida, selección e no reparto do día 20, asi como na participación a partir de 4º da ESO na gala de Fademga e Special Olympics do sábado día 14.
Do 9 ó 20 de decembro o alumnado poderá entregar en recepción ou nas clases os seguintes productos, solicitados polas asociacións colaboradoras:
- ALIMENTOS NON PERECEDOIROS ALMORZOS E DOCES DE NADAL Infusións, cacao, café, galletas, cereais, leite, chocolate…
- HIXIENE Champú, xel, dentífrico, papel hixiénico, deterxente, frega chan… Hixiene masculina, feminina e para bebés (cremas, cueiros,..).
A vosa axuda sempre é ben recibida, especialmente para o reparto do día 20 se tendes disponibilidade de tempo e coche. Poñédeos en contacto con pastoral@lasallesantiago.gal Pastoral e Anpa La Salle Santiago