Estimadas familias:
É para nós unha gran alegría convidarvos a participar nas nosas Festas Colexiais, un momento especial no que toda a comunidade educativa se reúne para celebrar o traballo, a convivencia e os valores que nos unen ao longo do curso.
Estas festas son moito máis que unha celebración: son o reflexo do esforzo do alumnado, da dedicación do equipo docente e do apoio das familias. Xuntos facemos posible esta gran familia educativa que medra cada día en valores, talento e alegría.
📅 Programa de actividades
🍰 Concurso de postres
Poden participar pais, nais, familiares, profesorado e alumnado de todas as etapas educativas.
📍 Lugar: Comedor
🕒 Entrega: Xoves 23 de abril, de 15:30 a 16:30
🎁 Cada participante recibirá un número identificativo e un agasallo.
🐍 Exhibición de bichos
Da man de MUNDOBICHOS, poderemos coñecer criaturas sorprendentes.
📍 Lugar: Sala de audiovisuais
🕒 Horario: de 17:00 a 19:00
🐾 Troulada de animais
As familias que queiran poden traer as súas mascotas.
Haberá premios en varias categorías e agasallos para todos os participantes.
📍 Lugar: Arcadas do patio
🕒 Horario: de 15:15 a 17:00
💃 Exhibición de baile
O alumnado de 3º a 6º de primaria mostrará as súas habilidades artísticas.
📍 Lugar: Salón de actos
🕒 Hora: 15:30
🎶 Hinchables e música
Haberá animación musical e hinchables no pavillón do colexio.
📄 Información completa
Podes consultar toda a información no seguinte documento:
💙 Animámosvos a participar e desfrutar xuntos desta xornada tan especial!





