Xoves 29 de abril
Pola tarde!
– Infantil, 1º e 2º EP: “Grupo Pesdelán” co espectáculo “Senta que hai baile”. Dous pases de 40 minutos no teatro para respectar os espazos entre os grupos estables.
– De 3º ao 6º EP: Tarde de baile con DJ de Animus. No patio exterior, cada clase respecta o seu espazo de xogo.
Venres 30 de abril
– ESO: Entrega de premios Coreosar e Concurso de Talentos.
Certame de Artes Plásticas
Este ano, debido á situación que vivimos, terá lugar na Sala de Exposicións Virtual que poderedes ver dende aquí.
Categorías:
– Infantil
– Primaria
– ESO
– Bacharelato e adultos.
Como participo?
Só tes que enviar unha foto dun cadro, debuxo, escultura, manualidade ou calquera traballo artístico que vostede ou o seu fillo ou filla fixeran a informacion@anpalasallesantiago.es, indicando:
• Título da obra
• Nome do ou da artista.
• Categoría na que participa.
A data límite para enviar as obras é o 3 de maio.
Haberá dous premios por categoría. Moita sorte a todos!