Programa de catro sesións de coaching persoal cunha misión: desenvolver unha estratexia sustentable para o éxito a longo prazo. En cada sesión traballarase e enfocarase cara un plan SMART onde se tracen pasos cara cambios e resultados no día a día:
QUE VOU FACER? M CANTO SERÁ? A COMO O VOU FACER? R CON QUE? T CANDO?
Construír, manter e soster un plan de vida, un plan de traballo, un plan de negocio con oportunidades potenciais. Coa formación, procesos de interim, de coaching e talleres prepárase para desenvolver unha traxectoria profesional e persoal a longo prazo e, o que é máis importante, manterse enfocado cara o que é realmente importante para cada persoa.
4 Xornadas: 12 de marzo, 2 de abril, 14 de maio e 4 de xuño.
De balde para persoas asociadas á ANPA e familiares ou persoal adscrito ó colexio. Outros colectivos: 25€/programa completo. Servizo de ludoteca gratuito para os máis pequenos.
Nelly Rey Rey é Licenciada en Pedagoxía Laboral. Coach polo ICF desde 2007. Experta en desenvolvemento e liderazgo de alto rendemento. Xerente e fundadora de Identia. Coach e protagonista do primeiro programa de tv de coaching (Cuestións persoais, TVG). Formadora, directora de proxectos de cooperación internacional, relatora e facilitadora.
INSCRICIÓNS ONLINE