A familia, as amizades, o traballo, o colexio ou a comunidade da nosa casa…. Pertencemos a diferentes sistemas e necesitamos comprender as leis que os gobernan para vivir con mais plenitude e sen cargas inncesesarias.
O xoves 10 a partir das 17:45 horas, Leandro Fernández Macho daranos as claves desta mirada sistémica como anticipo dun prgrama que durante catro sesións mensuais profundizará neste apaixoante tema.
A charla durará unha hora é de balde e terá lugar na sala de audiovisuais do colexio.
Leandro F.Macho é xa un vello coñecido da nosa Aula de Familias: comunicador, formador, relator, investigador, director de equipos e persoas é un apaixoado da neurociencia e do desenvolvemento do ser humano. Compartíu o seu coñecemento en organizacións como Inditex, Pescanova, BBVA, Cepsa ou Telefónica dende a súa consultora On the top. Dirixe ademais Neurozona, un espazo pioneiro no estudo do cerebro humano.
INSCRICIÓNS ONLINE