
O xoves 12 de febreiro celebrarase a festa de Entroido no Colexio La Salle Santiago de Compostela, cunha xornada festiva pensada para o alumnado e as súas familias.
Durante a tarde, o alumnado participará nas actividades propias do centro. No horario de animación da tarde (de 15:00 a 17:00 h), as propostas lúdicas contarán coa colaboración da ANPA, que contribúe a facer posible este espazo de lecer para as crianzas.
A partir das 17:00 h, dará comezo a festa aberta ás familias, cunha proposta pensada para compartir, xogar e gozar xuntos do Entroido.
A programación inclúe:
Pintacaras
Manualidades
Música e animación
Desfile de disfraces
Fotomatón
Merenda, elaborada cos produtos típicos destas datas achegados polas familias e que non foron utilizados previamente nin en infantil nin en primaria.
Ademais, o venres, a Compañía de teatro ANPA MOLONA presentará unha nova estrea de contos dirixida ao alumnado de educación infantil e 1º e 2º de primaria.
Ao longo destas actividades, incorporarase tamén algún elemento de cor dourada para dar visibilidade ao Día Internacional do Cancro, sumándonos así a esta iniciativa de sensibilización.
Desde a ANPA animamos ás familias a participar e desfrutar destas xornadas festivas e de convivencia.





