Infantil. 15:30 h.
Visita aos nenos e nenas polas clases dos artistas circenses de PistaCatro Productora de Soños.
Primaria 15.30 h.
No pavillón do Colexio, gran desfile de disfraces, baile amenizado polo DJ Animus e merenda de entroido cos doces que os nenos e nenas traen das súas casas. Para todos os alumnos e alumnas de Primaria.
Festa de familias 17.30 h.
Á saída da clase, no patio do Colexio* haberá música, pintacaras, merenda e doces de entroido, e máis sorpresas. *En caso de mal tempo trasladarase ao patio cuberto.