O próximo mércores 25 de xaneiro ás 17:45 horas e impartido por Bibiana Infante terá lugar o segundo dos cinco encontros do programa Educando de Cine nos que de xeito práctico as especialistas Bibiana Infante e Marián Cobelas nos axudarán a profundizar en aspectos tan relevantes na educación dos nosos fillos e fillas como os límites, a motivación, as habilidades sociais, os celos,ou a autoestima dende a perspectiva da discilpina positiva.
Co título “Encontros na terceira fase” simbolizamos os conflictos emocionais que xorden cando os nosos fillos e fillas deixan de ser tan pequenos: loitas de poder, discusións… en preadolescentes e mais alá.
Bibiana Infante é psicóloga, adestradora de nais e pais pola Positive Discipline Association, membro fundador de Disciplina Positiva España e fundadora de Educando con Disciplina Positiva Galicia.