Terceiro dos cinco encontros do programa Educando de Cine nos que de xeito práctico as especialistas Bibiana Infante e Marián Cobelas nos axudarán a profundizar en aspectos tan relevantes na educación dos nosos fillos e fillas como os límites, a motivación, as habilidades sociais, os celos, ou a autoestima dende a perspectiva da discilpina positiva.
Co título “A historia interminable” simbolizamos ás relacións cos demais, os celos ou as rifas Destinado a familias de infantil e primaria.
Mércores 21 de febreiro de 2018. De 17:45 a 19:15 horas
Sala Audiovisuais. Ludoteca gratuíta.