Dous talleres prácticos e dinámicos para pais, nais e educadores de infantil e primaria onde coñeceremos a metodoloxía da Disciplina Positiva obtendo ferramentas aplicables dentro do contexto familiar e escolar que permitan desenvolver nos nenos e nenas alta autoestima, respecto mutuo, independencia, cooperación, resolución de conflictos, ou auto-control entroutros.
- SESIÓN 1: Coñecéndonos. Bases e principios da Disciplina Positiva.
Que queremos para os nosos fillos/as, alumnos/as? Amable e firme. Estilos de pais, de nais e de mestres.
Respecto mutuo. O cerebro do neno/a. Auto-control. Auto-cuidado.
- SESIÓN 2: Entender o mal comportamento do neno/a.
Harmonía e motivación. Como motivar e alentar. Castigos: consecuencias e solucións. Reunións de familia e de clase. Irmáns e peleas.
Imparte
Bibiana Infante Cano
Adestradora de nais, pais e mestres en Disciplina Positiva certificada pola Positive Discipline Association. Psicóloga. Fundadora de Educando con Disciplina Positiva Galicia www.disciplinapositivagalicia.com
Data e hora
Xoves 2 e 23 de marzo de 2017, de 17:15 a 19:45 horas na Sala de Audiovisuais.
Actividade de balde. Servizo de ludoteca.
Inscripcións no mail informacion@anpalasallesantiago.es