Programa que consta de diferentes sesións de periodicidade semanal nas que, baixo a dirección dunha experta, e nun ambiente de confianza no que se compartan experiencias, se aborden de forma conxunta entre todas as persoas asistentes problemas e conflitos tales como:
- Problemas á hora de tomar decisións ou rexeitalas. Saber cando ceder ou dicir que non.
- Falta de comunicación.
- Pelexas, discusións, tensións, agresividade.
- Dificultades na adaptación a situacións (nacemento de irmáns, separacións, traslados)
- Relacións familiares: rifas cos irmáns, relación cos avós. Problemas cos amigos, ou no colexio.
- Fracaso, desmotivación, falta de esforzo persoal.
Relatora
Teresa Hernández é Licenciada en Psicopedagoxía. Mestra e primeira Coach de familia de Galicia. Mediadora familiar. Directora da área persoal, familiar e educativa de Identia. Fundadora e directora de EICYC, Escola internacional de crianza e coaching. Protagonista de Cuestións Persoais na TVG, primeiro programa de coaching de televisión. Directora de proxectos educativos internacionais. Escritora, relatora, membro de AGAFOR, asociación de formadores de Galicia colaboradora en diferentes medios de comunicación.
Prezo
De balde para persoas asociadas á ANPA e familiares ou persoal adscrito ó colexio. Outros colectivos: 75€/programa completo