Temos o gusto de anunciarvos a xornada do día da familia 2025.
Este ano celebrarémola o 7 de xuño e trocamos o formato. Teremos unha tarde chea de obradoiros e festexo cunha merenda entre as 16:00 e as 20:00.
Teremos inchables, maquillaxe, taller de chapas, Festa escuma (Non esquezades traer muda, bañador e toalla) e moitas outras propostas q farán que esa tarde estea chea de sorrisos e diversión.
Pregamos inscrición a través deste formulario para que a merenda se axuste aos asistentes.
A data límite para anotarse é o día 30 de maio.