
Hoxe, 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller.
Dende a ANPA queremos poñer en valor a importancia de educar en igualdade, respecto e oportunidades para todas as persoas. A escola e a familia son espazos clave para construír un futuro no que nenas e nenos medren con referentes diversos, liberdade para ser quen son e confianza nas súas capacidades.
A educación é a mellor ferramenta para avanzar cara a unha sociedade máis xusta.
Seguimos traballando xuntas e xuntos por unha comunidade educativa baseada no respecto, a empatía e a igualdade.





