A ANPA do Colexio La Salle en colaboración con Moniria organiza un curso de Manualidades de Nadal en dúas datas. Os días 30 de novembro e o día 1 de decembro en dúas quendas*. Unha de 17 a 18 h. e a segunda de cada día de 18:15 a 19:15 h.
*Máximo 15 nenas/os por quenda.
Realizaremos pequenos adornos que poderedes colgar na árbore como: anxos de papel, estrelas e bólas de pasta de modelado, estrelas e rosetas de papel, simpáticos gnomos de la,…
Decoraremos as postais de Nadal e a bolsa onde levaredes todo o creado no curso.
Elaboraremos árbores de Nadal con diferentes materiais: tea, corda, fío, papel…
Material necesario para a actividade. Levaremos de casa o seguinte material:
- calcetíns, un branco e outro de cor.
- un bote de vidro sen etiquetas.
- 1 tesoira.
- 1 regra