A Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) La Salle Santiago de Compostela, de conformidade co disposto nos seus Estatutos, convoca ás persoas asociadas á Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o vindeiro:
📅 16 de xuño de 2026
🕒 Primeira convocatoria: 15:30 horas
🕓 Segunda convocatoria: 16:00 horas
📍 Lugar: Audiovisuais 1 · Colexio La Salle Santiago
Orde do día
- Lectura e aprobación das actas anteriores.
- Presentación da proposta de modificación dos Estatutos da Asociación de Familias do Alumnado (AFA) La Salle Santiago de Compostela.
- Aprobación, se procede, da modificación estatutaria e do texto refundido dos Estatutos da Asociación de Familias do Alumnado (AFA) La Salle Santiago de Compostela.
- Facultar á Presidencia e á Secretaría para realizar cantas actuacións sexan necesarias para a execución dos acordos adoptados e para a súa tramitación e inscrición ante os organismos competentes.
- Rogos e preguntas.
Documentación
A documentación e información relativa aos asuntos incluídos na orde do día estará á disposición das persoas asociadas na Secretaría da Asociación e tamén podes consultala aquí: PROPOSTA ESTATUTOS AFA LA SALLE SANTIAGO
Delegación de voto
As persoas asociadas que non poidan asistir á Asemblea poderán exercer o seu dereito de representación mediante delegación de voto, conforme ao previsto nos Estatutos. O modelo correspondente está dispoñible aquí para a súa descarga: Delegación de voto Asamblea Extraordinaria 16.06.2026
Co fin de facilitar a asistencia das familias e favorecer a conciliación familiar, a ANPA porá á disposición das persoas socias asistentes a ludoteca de xeito gratuíto durante a celebración da Asemblea, ata as 17:30 horas.
Dada a importancia dos asuntos a tratar, agradecemos a asistencia e participación das familias asociadas.






