Poden participar pais, nais, familiares, profesoras/es, alumnas/os… de todas as etapas educativas. As tortas se presentarán no comedor o xoves 19 de 15:30 a 16:00 horas. Cada participante recibirá un número identificativo e un agasallo pola súa participación.
Xurado e premios
As tortas estarán expostas no comedor establecéndose tres categorías con dous premios cada unha:
- Mellor presentación: Poderán votar todas as persoas que se acerquen a ver as tortas.
- Orixinalidade: Poderán votar todas as persoas que se acerquen a ver as tortas.
- Mellor sabor: Elixido por un xurado.
Degustación
As toras poderán probarse na cafetería, recadando fondos para PROYDE.
Inscripcións e horarios
Non se precisa inscripción previa
- 15:30 a 16:00 h.: Entrega de tortas no comedor
- 16:00 a 17:00 h.: Deliberación do xurado (sabor)
- 17:00 a 17:30 h.: Exposición e votación popular (presentación e orixinalidade) no comedor
- 18:00 h.: Entrega de premios nas Arcadas e degustación na cafetería