Hoxe non envellecemos igual que hai 20 anos, a nosa vida alóngase e somos autónomos durante máis tempo, polo que teremos que ter boa contar de coidar o noso corpo, as nosas emocións e as nosas relacións sociais. De como facelo falaremos neste seminario práctico no que se afondará no que a Organización Mundial da Saúde define como envellecemento activo (optimización de oportunidades de saúde, participación e seguridade co obxectivo de mellorar a calidade de vida) fronte a percepción dos maiores de sentirse enfermos, dependentes ou ociosos.
Imparte:
ATEGAL, Asociación cultural galega de formación permanente de adultos. Aulas Senior de Galicia.
Data e hora:
Martes 5 de decembro de 2017. De 15:30 a 17:30.
Punto de encontro: portería do Colexio.
Inscripcións:
Inscripción previa no buzón de portería indicando nome e teléfono ou no mail información@anpalasallesantiago.es
Actividade de balde