Caixa Solidaria
- ESCOLLE UNHA CAIXA Unha caixa de zapatos ou similar de calquera medida e fórraa ou píntaa. Que quede ben bonita!
- ENCHE A TÚA CAIXA!! Con pequenos tesouros: bonecas, peluches, xogos, coches, contos, libros, artigos de escritorio, bufandas…. todo o que se che ocorra e que lle poida sorprender ó teu amigo, á túa amiga invisible. Lembra meter artigos novos ou en moi bo estado, como os que ti quixeras recibir e evita xoguetes bélicos ou perigosos.
- PECHA A TÚA CAIXA CUNHA GOMA!! Só unha goma elástica pechará a caixa. Pregámosvos non pechala con lazos porque todas as caixas son revisadas antes de ser entregadas.
- ENTREGA A CAIXA NO HOSTAL LA SALLE* Os días de entrega son o luns, mércores e xoves en horario de 16:30 a 17:30 h. Haberá xente da ANPA recollendo as caixas. Despois entregarémosllas á Fundación Seur e á Asociación Carabelo para que as repartan e as cambien por sorrisos. *Entrando pola entrada de arriba do colexio.
A pandemia non vai deter o Nadal, só o vai facer diferente
Para que tamén este Nadal chegue un sorriso á casa de todos os nenos e todas as nenas, propoñémosvos enviarlles unha Caixa chea de tesouros, solidariedade e ledicia:
Achégase o Nadal, tempo de tomar postura e de contemplar a realidade que nos rodea e, por que non, de facer algo para mellorala tendendo a man a tantas persoas privadas dos dereitos básicos recollidos no artigo 25 da declaración universal de dereitos humanos. O colexio traballará a sensibilización do alumnado e entre todos e todas faremos unha recollida de produtos básicos para repartir na nosa contorna.
Este ano tan especial, aínda que se poderá efectuar a entrega de produtos como todos os anos, queremos destacar que a mellor opción para colaborar son as aportacións económicas. Poderánse realizar a través de transferencia ou Bizum.
Datas e horarios
Infantil e Primaria: Do 4 ó 18 de decembro as familias poderán deixar as súas bolsas con produtos nun contenedor habilitado na entrada de infantil (entre as columnas, no exterior).
ESO e Bacharelato: Do 4 ó 18 de decembro poderán deixar as súas bolsas no hall da entrada do colexio, dende o patio. Tamén haberá un par de contenedores onde depositar os seguintes produtos, solicitados polas asociacións colaboradoras:
ALIMENTOS NON PERECEDOIROS Aceite, pasta, conservas (froita, vexetais ou peixe), legumes…
ALMORZOS E DOCES DE NADAL Infusións, cacao, café, galletas, cereais, leite, chocolate…
HIXIENE Champú, xel, dentífrico, papel hixiénico, deterxente, frega chan… Hixiene masculina, feminina e para bebés (cremas, cueiros,..).
A vosa axuda sempre é ben recibida, especialmente para o reparto do día 18 se tendes disponibilidade de tempo e coche. Poñédeos en contacto con pastoral@lasallesantiago.gal
Cáritas Milladoiro
- Recollida de alimentos e productos de hixiene.
- Transferencia na seguinte conta bancaria. ES93 2080 0392 2430 4000 1950
- Bizum: 01528
Cáritas Fontiñas
Recollida de alimentos e productos de hixiene.
Transferencia na seguinte conta bancaria. ES16 2080 0316 2230 4002 2075
Asociación Centinelas
Recollida de alimentos e productos de hixiene INFANTIL.
Transferencia na seguinte conta bancaria. ES66 0019 0443 1640 1003 2806
Albergue S. Francisco
Recollida de alimentos e productos de hixiene.
Transferencia na seguinte conta bancaria. ES67 2080 0316 2430 4001 0583.