Dende a ANPA queremos propoñervos un novo proxecto, o “BANCO DE UNIFORMES”. Trátase de reutilizar os uniformes escolares en bo estado para que poda se aproveitado por outros estudantes.
Se tes uniformes escolares (saia, pantalón, bermudas, polo, camisa, xersei, chaqueta, etc), ou chándal escolar (pantalón largo, pantalón curto, camiseta, sudadeira) que xa non utilizas, podes doalos e serán asignados a outros escolares que os precisen e os demanden.
obxectivos
Compartir e reutilizar a vestimenta que levamos durante o curso. Educar na importancia do coidado do noso material. Lembra que se trata dunha iniciativa para formentar a segunda vida do material, cocienciarnos en valores de solidaridade e na búsqueda dunha economía circular.
Qué se pode doar?
O alumnado que acabe curso, ou ata durante o curso, pode doar as súas saias, pantalóns, polos, xerseis, chándales, etc. Calquera peza que se entregue, debe de atoparse nunhas condicións óptimas para a súa reutilización: lavadas, planchadas e sen identificar. A ANPA, resérvase o dereito de non admitir o material que non reúnan requisitos mínimos de idoneidade, ainda que non dubides en entregar esas pezas reforzadas con rodilleiras que todos temos, sempre poden ter unha segunda vida. Trátase de aproveitar o material en BO ESTADO, que estean usados e que non sirvan porque quedaron pequenos.
Cómo solicitar o que precisas?
A ANPA non pode garantir existencias de todas as pezas nin tallas, En función do stock, faremos o posible por atopar o máis adecuado para cada petición. Terán preferencia na solicitude aquelas persoas que previamente doen algunha peza ao banco. O resto do reparto farase por orde de solicitude, e intentando repartir igualitariamente o que nos vaia chegando, tratando de chegar o maior número posible de familias.
Cómo facer as doacións e solicitudes?
Durante todo o curso recolleranse en Secretaría ou Recepción do Colexio as pezas doadas. Para solicitar unha peza haberá 2 opcións: depositando no buzón da ANPA a ficha que podedes descargar na ligazón de abaixo ó a través do formulario que poder ver a continuación. Poñerémonos en contacto vía email con todos vos no caso de que haxa material que se adapte ao solicitado. Descarga o formulario en PDF dende este enlace.